COIDA DE TI - Programa destinado ás coidadoras e coidadores de persoas dependentesAs coidadoras e coidadores viven moitas experiencias e emocións desde o medo por
unha situación tan nova e descoñecida para elas ata a fatiga mental e física pola
dedicación a tarefas moi esixentes.
Este programa pretende ensinarnos a manexar os nosos propios recursos, superar as dificultades cando coidamos outras persoas ao noso cargo, desenvolver a nosa intelixencia emocional e ir sacando o mellor de nós para aspirar a unha felicidade razoable.